Valle-Inclán e o teatro galego. A recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973)
El precio original era: 27,00 €.13,00 €El precio actual es: 13,00 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788489377622
Título: Valle-Inclán e o teatro galego. A recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973)
Autor: R. Ruibal, Euloxio
Editorial: TrisTram
Colección:
Fecha publicación: 2006
Hay existencias
Descripción
Cal é a pegada de Valle-Inclán no teatro galego? O dramaturgo Euloxio Ruibal analiza a influencia da estética valleinclaniana nos textos dramáticos dos nosos principais autores, a súa incidencia e significación na creación e desenvolvemento dunha dramaturxia nacional galega. O autor rastrexa en autores e textos de tres momentos: a Epoca Nós (Antón Vilar Ponte, Armando Cotarelo Valledor, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Alfonso Rodríguez Castelao, Rafael Dieste e Alvaro das Casas), a dramaturxia producida no exilio ou emigración dende o final da Guerra Civil española até o ano 1964 (Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo) e, finalmente, o teatro en Galicia entre 1939 e 1973 (Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas, Tomás Barros, Daniel Cortezón e Manuel María Fernández Teixeiro). O estudo de Ruibal non procura banais influencias de Ramón María del Valle-Inclán nos textos dramáticos de maior importancia e significación dos autores galegos contemporáneos, senón indagar, relacionar e confrontar eses textos cos do principal autor tomado como modelo a seguir na construción da nosa dramaturxia nacional.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.