Peixes do mar de Galicia (I) Lampreas, raias e tiburóns
El precio original era: 25,10 €.9,95 €El precio actual es: 9,95 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788475076546
Título: Peixes do mar de Galicia (I) Lampreas, raias e tiburóns
Autor: Rodríguez Villanueva, X. L. ; Vázquez, Xavier
Editorial: Xerais
Colección: Col. Montes e fontes
Fecha publicación: 1992
Hay existencias
Descripción
A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principais protagonistas: os peixes. Velaquí un libro que participa destes catro aspectos, traballo de varios anos realizado con amor e adicación e que presenta agora a primeira panorámica totalizadora e sistematizada dun capítulo tan representativo do noso patrimonio natural. Ámbolos dous autores son biólogos, cun amplo traballo de investigación e divulgación do mundo do mar de Galicia. E mesmo do mundo do mar onde traballan decote os galegos. Xavier Vázquez é Inspector Pesqueiro da CEE e Rodríguez Villanueva director dunha planta de cultivo integral de rodaballo, aspectos profesionais que complementan os seus traballos de investigación. Os Peixes do mar de Galicia, con importante aparato fotográfico e coidadas ilustracións, ofrécese en varias entregas, dada a dimensión da obra e o amplo obxecto de estudio que pretendemos. Este primeiro tomo está adicado a algunhas especies moi populares, aínda que non tan ben coñecidas: a lamprea e o mundo das raias e dos tiburóns. Son os peixes cartilaxinosos. Os de estructura ósea trátanse nos dous volumes seguintes.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.