Xiganos e Anantes (Merlín A)
El precio original era: 7,00 €.3,50 €El precio actual es: 3,50 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788475075907
Título: Xiganos e Anantes (Merlín A)
Autor: Pina, Manuel Antonio; Fernández, Mª Xosé (il.)
Editorial: Xerais
Colección: Merlín
Fecha publicación: 1991
Solo quedan 1 disponibles
Descripción
A partición das palabras xigantes e ananos en dúas metades e a posterior mestura cruzada, serve para dar comezo e título a este libro, que é un desatino do comezo á fin. Ana, a protagonista, comeza definindo ou describindo os xiganos e anantes. Posteriormente bate cun escaravello da pataca chamado Bocaxe, que lle conta a súa vida, logo de que esta lle axudase a botar unha carta no correo, aínda que é tal o xeito do escaravello que Ana pensa que non regula ben. Logo, baixo o epígrafe de «A revolución das letras», encóntranse catro fragmentos dedicados ás letras do alfabeto, onde as letras cuestionan a orde alfabética, se aparecen máis veces nas palabras as vocais ou as consoantes, a organización das cosoantes en SCTRD, o Secretariado das Consoantes, e por fin, a revolución das letras, que non aceptaban a orde alfabética; e, despois, das letras, revolucionaranse as palabras, e despois os libros, e despois todo… Volve o escaravello cunha versión sui generis da resurrección de Lázaro. Por último, a historia dun cativo que tiña un defecto de pronuncia: non era quen de dicHo «te»; e cambiaba o «te» polo «que», o «tepoloque». Como a tódolos que teñen un defecto de pronuncia, entaramelábaselle a lingua; claro que, no caso deste rapaz, encaramelábaselle…
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.



Valoraciones
No hay valoraciones aún.