Monstro das palabras, O (Merlín 199)
El precio original era: 11,50 €.5,50 €El precio actual es: 5,50 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788499140513
Título: Monstro das palabras, O (Merlín 199)
Autor: Reimóndez, María; Sende, Iván (il.)
Editorial: Xerais
Colección: Merlín
Fecha publicación: 2009
Hay existencias
Descripción
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa “normal”, que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. “A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos” escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.



Valoraciones
No hay valoraciones aún.