Memoria de Mondariz-Balneario–A. Álbum de postais
El precio original era: 30,00 €.9,95 €El precio actual es: 9,95 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788497820233
Título: Memoria de Mondariz-Balneario–A. Álbum de postais
Autor: Díaz Martínez, Carlos; Álvarez Limeses, Gerardo; Bragado, Manuel
Editorial: XERAIS
Colección:
Fecha publicación: 2003
Hay existencias
Descripción
O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetas postais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Álvarez Limeses, extraído da “Geografía General del reino de Galicia”, editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, …
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.