Lenda da cidade asolagada (Merlín A)
El precio original era: 7,60 €.3,50 €El precio actual es: 3,50 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788475079257
Título: Lenda da cidade asolagada (Merlín A)
Autor: Castro, Antón; Bueno Capeáns, Francisco (il.)
Editorial: Xerais
Colección: Merlín
Fecha publicación: 1995
Solo quedan 1 disponibles
Descripción
A historia que se nos conta transcorre nun tempo mítico e nun lugar, Baladouro, que pertence a un espacio identificable como o das terras do concello de Arteixo. Alí nace un neno, Estevo, e o cego de Baladouro prognostica que o naipelo estará dotado de estraños poderes. O neno vai medrando e axiña se descobre que a profecía é certa, xa que Estevo ten poderes máxicos. O cego regálalle un libro, O libro Vermello, no que só o neno poderá ler; cando o saiba todo, as letras desaparecerán e o libro converterase en po. O neno medra, aprende e a profecía cúmprese. Pero pouco despois comeza a chover sobre Baladouro cunha chuvia interminable, ameazando con asolagar todo. Curiosamente, a chuvia só cae sobre o seu lugar natal, polo que Estevo decide descubri-las causas do estraño fenómeno. Estevo emprende entón unha sorte de viaxe iniciática, durante a cal vai coñecendo diferentes personaxes (un bibliotecario, unha meiga, unha Sombra, un vello escritor popular, un anano, un can mouro…) que lle van facilitando as pistas para que poida chegar a coñece-lo segredo que se agacha trala persistente choiva. Finalmente, o segredo queda desvelado: un nubeiro é o que está a asolagar Baladouro. Estevo vai velo á súa cova e, gracias á forza da súa palabra, xa que o nubeiro devece por escoitar historias, consegue que faga desaparece-la maldición e Baladouro acabe salvándose.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.