¡Oferta!

Ionqui (FdeXogo 33)

El precio original era: 12,00 €.El precio actual es: 6,00 €. (IVA incl.)

ISBN: 9788483023662
Título: Ionqui (FdeXogo 33)
Autor: Burgess, Melvin; Reimóndez, María (trad.)
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de Xogo
Fecha publicación: 1999

Sin existencias

SKU: 9788483023662 Categoría:

Descripción

Tar ama a Gemma. Pero Gemma non quere atarse a nada nin a ninguén. Están fartos das súas familias. O pai de Tar, alcólico, malla na súa muller e Gemma sente que a vida na súa casa está chea de prohibicións. Queren voar: foxen a Bristol na procura de okupas. Alí compartirán toda a súa vida, incluíndo a súa adicción pola heroína, con Rob e Lily. Inician así un camiño de destrucción e desesperación. Tar comenta: «se non importa non chegar os vinte anos, non hai ningún argumento contra a heroína». Con Ionqui, novela gañadora do «Carnegie Medal» e do «The Guardian Prize for fiction», Melvin Burgess debuxa con brillantez o descenso gradual na adicción ás drogas. Non hai aquí sermóns moralizantes, só a enxeñosa revelación de feitos fríos e duros. En palabras do propio autor «O libro non é real; nin sequera é unha ficcionalización da realidade. Mais todo el é certo, cada palabra». Melvin Burgess utiliza a primeira persoa en cada un dos trinta e dous capítulos da obra, dez voces diferentes que amosan unha visión, moitas veces terrible, das motivacións e dos cambios de cada un dos protagonistas. Así a personalidade de Tar muda dramaticamente no curso do libro, dende ser un rapaz solitario e agradable a ser un adicto cos nervios a flor de pel que busca pelexa. Traducida, en a penas dous anos, a vintecinco linguas, Ionqui é unha novela que persiste na memoria dos seus lectores e lectoras moito tempo despois de acadar o seu final.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.