Emerxencia da paisaxe na Galicia da Ilustración (1700-1833) Hª da paisaxe, II
El precio original era: 20,00 €.9,95 €El precio actual es: 9,95 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788497429092
Título: Emerxencia da paisaxe na Galicia da Ilustración (1700-1833) Hª da paisaxe, II
Autor: López Silvestre, Francisco
Editorial: Biblioteca Nueva
Colección: Novas paisaxes
Fecha publicación: 2009
Hay existencias
Descripción
A presente Historia da paisaxe é unha ferramenta indispensable para comprender a evolución desa idea estética en Galicia. No primeiro tomo vimos como as prácticas paisaxeiras —a pintura, as descricións literarias e os xardíns artísticos— apenas se desenvolveron en Galicia entre 1517 e 1700. Anos de auténtico rigor moral, sinxelamente non apareceu o espazo necesario para o seu florecemento. Neste segundo tomo fálase da etapa que ten lugar entre comezos do século dezaoito e 1833. Agora, aos novos poemas e descricións do país súmanse os xardíns dos pazos e os primeiros pintores paisaxistas profesionais. Como podemos explicar a curiosa coincidencia cronolóxica que se dá na aparición destas novidades? Todo apunta a que os produtos xurdiron agora das mentes de escritores, artistas e mecenas vinculados cun movemento concreto, unha elite social e intelectual coñecida con nome de Ilustración. Só despois de que un puñado de renovadores comezase a observar con atención o contorno, puido iniciarse a súa explotación como fonte de pracer estético.
FEDERICO LóPEZ SILVESTRE é profesor de Historia da Estética na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Premio extraordinario de doutoramento. Entre as súas publicacións destacan o libro El paisaje virtual (2004) e, como editor, Nuevas visiones del paisaje (2006), Paseantes, viaxeiros e paisaxes (2007) e Estruturas na paisaxe (2009). Ten dirixido varios proxectos financiados sobre as paisaxes contemporáneas e, con María Luisa Sobrino, dirixe o Máster de Arte, museoloxía e crítica contemporáneas da USC. Así mesmo coordina a liña de traballo A construción da paisaxe do CGAC.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.



Valoraciones
No hay valoraciones aún.