
Curros Enríquez e o franquismo (1936-1971)
ISBN: 9788493266744
Título: Curros Enríquez e o franquismo (1936-1971)
Autor: Alonso Montero, Xesús
Editorial: tresCtres
Colección: Col. Nós-Outros
Fecha publicación: 2003
Descripción
O que nestas páxinas se examina son as limitacións que a dictadura franquista impuxo neses anos (1936-1971) ós editores, ós estudiosos e ós divulgadores das obras do gran escritor, moi duras, certamente, nos primeiros anos da era de Franco. Pero neste traballo non só se estudian os silencios e as restriccións de que é obxecto a obra e o nome de Curros Enríquez na Galicia interior, a de Franco, senón o labor que certos exiliados e emigrantes fixeron en favor dese nome e desa obra, un labor ás veces, moi apaixonado. Con esta paixón a Galicia antifranquista da Diáspora denunciaba, ó seu modo, os silencios, as manipulacións e as restriccións de que era obxecto o gran poeta civil na España de Franco. En realidade, o que as institucións franquistas e os seus lacaios fixeron contra Curros Enriquez desde xullo de 1936 e, sobre todo, desde o1 de abril de 1939, data na que as tropas de Franco entran en Madrid, ilustra con elocuencia o que os vencedores fixeron ou intentaron,especialmente nos primeiros anos do franquismo: lonxe de construiren a paz, unha verdadeira paz, entregáronse, de cheo, a administra-la victoria.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.




Valoraciones
No hay valoraciones aún.