Contos de pintura
El precio original era: 11,00 €.4,95 €El precio actual es: 4,95 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788489377141
Título: Contos de pintura
Autor: Ares Fontela, Marta; Lama López, Mª Xesús; Equipo TrisTram (trad.)
Editorial: TrisTram
Colección:
Fecha publicación: 1997
Hay existencias
Descripción
O pintor debe ser poeta’. Deamos a volta á máxima de Balzac e entre os froitos que poidamos tirar desa operación estarán, sen dúbida, os relatos incluídos neste libro. A igrexa dos xesuítas de G. (Hoffmann), O retrato oval (Poe), O xove feiticeiro (Baudelaire), Por amor á arte (O Henry), Schalken, opintor (LeFanu), Rose Rose (Pain) e máis A obra mestra descoñecida (Balzac) son todos eles exemplos da fascinación que a pintura leva exercido sobre a literatura. Un medio de expresión mira a outro e dese cruce de miradas saen ficcións coma as aquí presentes. Pintura e literatura comparten algo esencial. Os creadores en ambos medios teñen a arela común de captar e representar o mundo (o da experiencia ou o da fantasía; o da memoria, en calquera caso). É frecuente dar con escritores que admiran, sobre todo, a pintura, aínda máis que a literatura. Algúns deles abandonarían encantados o seu oficio en troques do talento para enfrontarse a unha tea en branco. Contos de pintura reúne unha serie de narracións -de Poe, Balzac, LeFanu, Hoffmann, Baudelaire…- co nexo Común de estar protagonizadas por pintores ou cadros. Desde ese punto de partida chégase a metas moi diferentes: o relato fantástico e de terror, a reflexión estética, o humor. O que vén demostrar que a páxina en branco, coma o lenzo aínda non tocado polo pincel, é a liña de saída desde a que iniciar un traxecto que ten como único obxectivo reinventar a vida.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.




Valoraciones
No hay valoraciones aún.