(5)Terra de Santiago
El precio original era: 13,60 €.6,50 €El precio actual es: 6,50 €. (IVA incl.)
ISBN: 9788483021392
Título: (5)Terra de Santiago
Autor: LAREDO VERDEJO, Xosé Luís
Editorial: XERAIS
Colección: Galicia Enteira
Fecha publicación: 1997
Hay existencias
Descripción
Este volume quinto de Galicia Enteira vai dedicado á cidade de Santiago que é o ser de Galicia e constitúe o celme de calquera guía turística galega. Abrangue ademais a chamada Terra de Santiago, que percorreremos en forma radial coas viaxes indicadas.
Cada unha destas viaxes inclúe pequenos desvíos ou percorridos secundarios que indicaremos no seu sitio.
A Cidade de Santiago de Compostela, ademais de ser un centro internacional histórico de atracción espiritual, cultural e turística, é tamén o centro natural da comarca que leva o seu nome. En calquera división xeográfica de Galicia, unha das comarcas máis características é a Terra de Santiago, que reborda algo os límites que, por razóns de tipo práctico, lle marcamos neste volume de Galicia Enteira 5. A comarca natural de Santiago espallaríase cara ó Leste ata os lindes da provincia de Lugo pola Cova da Serpe. Cara ó Sur baixaría ata a Terra de Tabeirós e incluiría pola costa a Península do Barbanza e a ría de Muros e Noia.
Esta comarca da Terra de Santiago caracterízase por un equilibrio nas estatísticas de poboación, xa que acada os valores medios galegos, próximos ós cen habitantes por km², coa poboación uniformemente distribuída.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.




Valoraciones
No hay valoraciones aún.